Skip to content

Olá!

O autor

Son Xurxo/Jorge, gústanme os xogos e colaborar alá onde me quixeren. Tamén os morcegos e os neoloxismos. Pregúntaste a que ando arestora?

O contido

Neste blogue tes todo o histórico do que levo escrito desde hai máis de vinte anos, así que le con compaixón. Podes percorrelo por meses, por categorías, ou ao chou. E seguilo no Fediverso en @xurxo@xurxodiz.eu.

O contedor

Este sitio é un WordPress portando unha modificación do tema Author á que chamei Authorial, e atópase en permanente construción.